PP de Caldas de Reis

Biografía

Sígueme:

PERFIL PERSOAL:

Ola, o meu nome é Fernando Pérez Domínguez, nacín o 24 de xaneiro de 1967 nunha marabillosa vila que se chama Caldas de Reis e da que estou profundamente namorado.

Estudei a antiga EGB no colexio público CPI Alfonso VII, de feito estreei o centro cando se inaugurou no ano 1972 e formei parte da primeira promoción que fixo toda a EGB nese colexio, posteriormente, e debido a que non había instituto en Caldas de Reis cursei primeiro de bacharelato no Instituto público de Vilagarcía de Arousa, cando me dispoñía a matricularme en segundo púxose en marcha un centro denominado Colexio Homologado de Bacharelato de Caldas de Reis, tratábase de fixar aos estudantes nun centro no noso Pobo, no que o Concello asumía o 50% dos custos de profesorado e o Ministerio asumía o outro 50%, moi poucos crían nese proxecto, os meus pais e eu cremos desde o principio e por iso xa fixen segundo finalmente en Caldas de Reis, ese primeiro ano eramos poucos porque algunha xente non creu que callase, pero ao segundo ano de funcionamento a chegada de alumnos foi masiva, e grazas a ese “experimento” actualmente temos Instituto público en Caldas de Reis.

Estou felizmente casado, teño un fillo e unha filla.

Participei na dirección de diversos colectivos e clubs deportivos (Ateneo Caldense, Asociación de Veciños Rio Umia, Caldas Centro Comercial Aberto, Plataforma AntiEncoro de Caldas de Reis, Asociación de Empresarios dous Vales de Ulla e Umia, etc.)

As miñas principais afeccións son o deporte (futbol, futbol sala, padel, mergullo e sendeirismo), a música, a micoloxía. Encántame viaxar, aproveito a máis mínima ocasión para coñecer lugares, países ou cidades.

Considérome moi amigo dos meus amigos.

PERFIL PROFESIONAL:

Son Economista pola Universidade de Vigo, membro do colexio de Economistas de Pontevedra, especializado en asesoramento fiscal, inscrito no Rexistro de Asesores Fiscais do Consello Superior de Colexios Oficiais de Titulados Mercantís e Empresariais de España.

Membro do Rexistro de expertos contables xudiciais e administrador concursal.

Administrador de leiras membro do Colexio de Administradores de Leiras de Galicia.

Asesor financeiro certificado MiFIDII polo Instituto Europeo de Posgraduado.

Corredor de seguros, acreditado pola Universidade San Pablo CEU e o CECAS.

Formación en Administración de Negocios Dixitais certificado pola Universidade de Barcelona.

Son empresario en servizos de asesoramento a empresas, financeiro e de seguros e levo traballando coas miñas empresas en Caldas de Reis desde 1992. Nelas traballamos mais dunha ducia de persoas.

PERFIL POLITICO:

Fun concelleiro electo no Concello de Caldas de Reis desde 2007 ata 2019 polo partido Independentes de Caldas de Reis (ICdR), ata que decidimos a súa disolución.

Candidato á alcaldía de Caldas de Reis en 2019, e de novo agora en 2023, exerzo como concelleiro e portavoz do grupo municipal do Partido Popular.

Membro da executiva provincial de Pontevedra do Partido Popular presidida por Luis López Diéguez e da anterior de Alfonso Rueda Valenzuela.

Desde o Congreso de 2022 Presidente da executiva local do Partido Popular en Caldas de Reis.

Desde o 27 de Mayo de 2022 son Deputado Autonómico do Partido Popular na lexislatura XII do Parlamento de Galicia en substitución de Alberto Núñez Feijóo.

Scroll ao inicio
Chateamos
1
Hola, en qué podemos ayudarte?
Partido Popular Caldas de Reis
Hola, en qué podemos ayudarte?
PROTECCIÓN DE DATOS:

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento:

Responsable: PP Caldas de Reis
Fines del tratamiento: Enviar comunicaciones de carácter político.
Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición
Más información del tratamiento en la Política de privacidad