Benvida
Primeiramente, o PP de CALDAS DE REIS, quéreche saudar e desexarche que o teu futuro estea cheo de saúde e que se cumpran todas os teus soños.
Desde esta plataforma queremos abrir unha canle de comunicación con todas as persoas, empresas e/o colectivos, xa sexan veciños de Caldas de Reis ou non, para que nos poidades trasladar ideas, propostas ou calquera suxerencia que consideredes e que con moito gusto podamos xestionar nos órganos ou foros políticos que correspondan.
Esta web ten por iso un espírito absolutamente participativo e aberto á cidadanía que busque, como nós, que Caldas de Reis progrese. Como canle aberta de comunicación asumimos o firme compromiso e garantimos que as vosas propostas sempre se van a analizar e van ser tidas en conta.
Tamén imos convertela nun escaparate da nosa xestión, podedes seguir a nosa axenda, o noso programa, as nosas actividades, as nosas redes sociais (tanto as do partido como as de Novas Xeracións) e todo no que esteamos a traballar ou vaiamos traballar nun futuro.