Rolda de prensa: Nudo da AP9 en Carracedo

Hoxe demos unha rolda de prensa xunto co candidato de Catoira Ivan Caamaño e Nano Moares, representante dos populares de Rianxo, na que esiximos que o nudo da AP9 de Carracedo, en Caldas de Reis, se complete, de maneira que os usuarios que veñan da Coruña dirección sur, poidan sair en Carracedo, así como os usuarios que vaian para o norte poidan acceder a AP9 nese nudo.

Con elo os veciños e as empresas de Catoira, Caldas e Rianxo podrían disfrutar dese acceso sen ter que ir a Saiar. Esto evitaría que moito tráfico, sobre todo tráfico pesado, teña que atravesar o casco urbán de Caldas de Reis, xa de por si saturado.
Esta e unha longa reclamación da nosa Comarca que conta ca unanimidade de todas as restantes forzas políticas de Caldas de Reis.
Non cesaremos nesta esixencia