Estimado/a Veciño/a:

Este programa que vos presentamos é o principal motivo polo cal me decidín a encabezar esta candidatura. Cando o Partido Popular se dirixe a min deixo claro que ten que ser un compromiso mutuo; a miña responsabilidade de traballo e dedicación para chegar á Alcaldía de Caldas de Reis e o apoio firme e inequívoco do Partido Popular de Galicia ó noso Pobo, e por iso trasladei por escrito as necesidades máis imperiosas e urxentes que temos no noso Concello, para que, levándoas a cabo, poidamos dar un paso adiante na vindeira lexislatura, recuperando o tempo perdido destes anos de desgoberno municipal e voltar a ser un
Pobo cabeceira de Comarca. Non eran proxectos faraónicos, eran demandas moi razoables e necesarias, foron analizadas e finalmente aceptadas; unha vez que o compromiso por parte do Partido Popular de Galicia é claro con Caldas de Reis, eu preséntome como candidato á Alcaldía do noso Concello nas vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.

Todos sabemos que en Caldas de Reis ata o de agora vivíase de proxectos que nunca se convertían en realidade, de falsidades, de compromisos asumidos no seus programas electorais e nunca cumpridos, e así temos que se un xeriátrico, que se un centro termolúdico con hotel de 5 estrelas e auditorio na Tafona, que se no ano 2015 era as últimas eleccións as que se presentaría, etc.

Por todo iso, chega o momento de ver feitos, de mollarse por Caldas de Reis e así asino este COMPROMISO CON CALDAS DE REIS.

PROPOSTAS PROGRAMA ELECTORAL

Este é un espazo que poñemos a disposición de todos os nosos/as veciños/as para que poidan aportar todas esas ideas, propostas… que creen que son necesarias para o bo funcionamento do noso pobo.