Ola, o meu nome é Fernando Pérez Domínguez, nacín o 24 de xaneiro de 1967 nun marabilloso pobo que se chama Caldas de Reis e do que estou profundamente namorado.

Estudei a antiga EGB no colexio público CPI Alfonso VII, de feito estreei o centro cando se inaugurou no ano 1972 e formei parte da primeira promoción que fixo toda a EGB nese colexio, posteriormente, e debido a que non había instituto en Caldas de Reis cursei primeiro de bacharelato no Instituto público de Vilagarcía de Arousa, cando me dispoñía a matricularme en segundo púxose en marcha un centro denominado Colexio Homologado de Bacharelato de Caldas de Reis, tratábase de fixar aos estudantes nun centro no noso Pobo, no que o Concello asumía o 50% dos custos de profesorado e o Ministerio asumía o outro 50%, moi poucos crían nese proxecto, os meus pais e eu cremos desde o principio e por iso xa fixen segundo finalmente en Caldas de Reis, ese primeiro ano eramos poucos porque algunha xente non creu que callase, pero ao segundo ano de funcionamento a chegada de alumnos foi masiva, e grazas a ese “experimento” actualmente temos Instituto público en Caldas de Reis.

Economista colexiado no Colexio de economistas de Pontevedra. Titulado pola Universidade de Vigo.

Estou felizmente casado, teño un fillo e unha filla, e son empresario, levo traballando coas miñas empresas en Caldas de Reis desde 1992, empresas de servizos nas que traballamos 11 persoas.

Participei na dirección de diversos clubs deportivos e colectivos (Ateneo Caldense, Asociación de Veciños Rio Umia, Caldas Centro Comercial Aberto, Plataforma AntiEncoro de Caldas de Reis, Asociación de Empresarios dous Vales de Ulla e Umia, etc.)

Fun concelleiro electo no Concello de Caldas de Reis desde 2007 ata 2019 polo partido Independentes de Caldas de Reis ( ICdR).

As miñas principais afeccións son o deporte ( futbol, futbol sala, o padel, o mergullo e o sendeirismo), a música, a micoloxía e encántame viaxar, aproveito a máis mínima ocasión para coñecer lugares, países ou cidades.

Considérome moi amigo dos meus amigos