Reunión para tratar la situación de las empresas de Monte Meán, en Caldas

Fuente: www.lavozdegalicia.es
Foto: Ramón Leiro

La conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, y la directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, se reunieron este miércoles en Santiago con miembros del PP de Caldas de Reis y varios empresarios para abordar la situación de los asentamientos industriales de Monte Meán.

Una zona que en el nuevo PXOM se integra en el denominado SUD-SP-17-1. Para este partido es prioritario desarrollar ese suelo para que las empresas allí ubicadas no tengan que seguir haciendo frente a multas coercitivas y puedan ampliar sus instalaciones creando puestos de trabajo.

Desde el departamento de la Xunta indicaron que fue una primera toma de contacto. La secretaria xeral de Urbanismo se comprometió a estudiar la documentación aportada por los empresarios para estudiar «posibles alternativas» para consolidar ese suelo de Monte Meán desde el punto de vista urbanístico.

Rolda de prensa: Nudo da AP9 en Carracedo

Hoxe demos unha rolda de prensa xunto co candidato de Catoira Ivan Caamaño e Nano Moares, representante dos populares de Rianxo, na que esiximos que o nudo da AP9 de Carracedo, en Caldas de Reis, se complete, de maneira que os usuarios que veñan da Coruña dirección sur, poidan sair en Carracedo, así como os usuarios que vaian para o norte poidan acceder a AP9 nese nudo.

Con elo os veciños e as empresas de Catoira, Caldas e Rianxo podrían disfrutar dese acceso sen ter que ir a Saiar. Esto evitaría que moito tráfico, sobre todo tráfico pesado, teña que atravesar o casco urbán de Caldas de Reis, xa de por si saturado.
Esta e unha longa reclamación da nosa Comarca que conta ca unanimidade de todas as restantes forzas políticas de Caldas de Reis.
Non cesaremos nesta esixencia

Un Plan Provincial de Práctica Laboral cun mínimo de 1.200 prazas para moz@s da provincia

A paralización do Plan de Prácticas Laborais en Empresas e Entidades da Deputación de Pontevedra durante o mandato de Carmela Silva supuxo un importante retroceso nas oportunidades laborais para a xuventude da provincia.

Impulsado polos anteriores gobernos provinciais, o Plan deu a centos de mozos e mozas a súa primeira oportunidade laboral acorde coa súa formación, ata o punto de que boa parte deles e delas foron quen de consolidar aquel emprego e avanzar a súa carreira a partir daquela oportunidade, continuando hoxe naquela empresas ou entidade colaboradora do Plan.

Por ese motivo a decisión do goberno provincial de PSOE e BNG de non convocar o Plan en 2017 -coa perda de 400 prazas- e a inexplicable paralización do Plan en 2018, con solicitudes presentadas e a 10 días de rematar o ano, foi un auténtico mazazo para moitos mozos e mozas, veciños dos 61 concellos pontevedreses, que confiaban atopar unha saída laboral mediante este Plan.

Desde NNXX da Provincia de Pontevedra recibimos con inquietude estas decisións do goberno de Carmela Silva, pero máis aínda a sorpresa de empresarios e responsables de entidades dispostos a ofertar oportunidades de emprego xuvenil e especialmente a preocupación de mozos e mozas que agardaban poder concorrer a estas bolsas e atopar unha saída laboral, sen que os anuncios sen concretar de novos formatos ou plans por parte de BNG e PSOE sirvan para tranquilizar estas inquedanzas ao ser tan só iso, anuncios.

Polo tanto: PEDIMOS A CARMELA SILVA, PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A CÉSAR MOSQUERA, VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, COMO REPRESENTANTES DO GOBERNO PROVINCIAL, a aprobación inmediata dun Plan de Prácticas Laborais en Empresas e Entidades que estea en funcionamento en 2019 e que inclúa alomenos a convocatoria de 1.200 prazas para mozos da provincia, en compensación das 800 prazas perdidas durante 2017 e 2018 e engadindo como mínimo as 400 prazas correspondentes ao ano en curso.